• GALEGO

last modified October 4, 2010 by Altermundo

     

  compostela_expand.png

Algunhas respostas sobre Compostela Expandida

Participación a distancia nas actividades autoxestionadas do FME Compostela

10 a 13 de Decembro de 2010

Santiago de Compostela/ Galicia/ Spain

 
  • Que é Compostela Expandida?

Un xeito de permitir que persoas ou grupos que non poden vir a Santiago de Compostela tamén poidan participar do FME-Compostela desde onde viven e actúan para unha outra educación posíbel.

 

Abrindo á participación a distancia –individual ou colectiva– moitas actividades auto-organizadas no FME-Compostela

Trátase das actividades autoxestionadas que se van desenvolver en Compostela e cuxos organizadores deciden difundilas en vídeo en internet, usando sitios web de fácil acceso como ustream ou livestream e skype, e organizando un retorno participativo por medio de chat.

Faise grazas a: dúas persoas seleccionadas polos organizadores da actividade en Compostela

  1. Unha persoa camarógrafa (necesita un computador e unha webcam), que filma continuamente o decorrer da actividade nunha canle vídeo (accesíbel vía un enderezo de internet).
  2. Unha persoa conectante (con computador), que inclúe nunha sala de chat e desde antes do inicio da actividade a todos os participantes a distancia, que contactarán coa dirección skype publica que foi anunciada.
  1. march-wef-2.JPG

    [FOTO: vista dunha actividade vía o vídeo instantáneo da sala -os participantes teñen na sala unha persoa conectante que corresponde con eles nunha salga chat e "di" aos outros participantes na sala as cuestións e comentarios que lle son enviados nesta salga chat

  2.  Lista en construción de actividades FME auto-organizadas abertas á participacion a distancia

Cabe apuntar que nos foros expandidos hai outras modalidades de participación a distancia que non están formalmente incluídas no formato Compostela Expandida, porque as inscricións destas xa estan pechadas: (1) actividades locais fóra de Compostela nunha sala ou no espazo (que sempre se poden organizar informalmente sen visibilidade no sitio FME compostela) e (2) actividades de encontro a distancia entre grupos en Compostela e grupos de fóra que se poden organizar informalmente na medida que hai salas disponíbeis, cunha programación informal

  daket-face-a-face.jpg   daket-forum-local-aix.jpg  20090308-audition-et-la-mare-062.jpg  mexico2010-166.JPG

 1                                 1                                  2                             2          

  • Cómo se facilitará este proceso de participación a distancia a actividades do FME Compostela?

Por decisión do Comité Organizador, un equipo facilitador de Compostela Expandida está encargado de comunicar a proposta e o formato do FME Compostela Expandido.

O grupo céntrase en incentivar e capacitar aos organizadores e ás organizadoras dos case 150 talleres auto-organizados presentes no FME-Compostela que así o desexen a estender as súas actividades en internet, para facer posíbel a participación a distancia, e a fomentar esta participación entre as súas redes.

 

  • Cales son os vindeiros pasos cara a Compostela Expandida?

    1. Invitar aos 150 organizadores das actividades rexistradas no FME a expandilas en internet
    2. Consolidar o  Equipo de facilitación de Compostela Expandida: máis xente para formar e informar 
    3. Traballar a Axenda do equipo 
 

  • Que experiencia hai doutros foros sociais expandidos?

Desde 2008 hau unha  experiencia acumulada , con etapas importantes 


INVITACIÓN EN GALEGO

AXENDA+

ORGANIZACIÓNS PARTICIPANTES NO FME-COMPOSTELA+